Anuncian Assassin’s Creed III para o 30 de outubro

xoves, 16 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A saga Assassin’s Creed tivo un comportamento moi pouco habitual, pois se obviamos as súas versións para plataformas móbiles temos unha historia que pasou dunha primeira parte cun protagonista (Altaïr) a unha secuela cun novo personaxe (Ezio), que curiosamente mantívose durante 2 entregas máis (Assassin’s Creed 2: La Hermandad e Assassin’s Creed 2: Revelations). Pero rematadas as aventuras de Ezio Auditore era hora de emprender unha nova aventura, e Ubisoft vén de confirmar que esta botará a andar o vindeiro 30 de outubro, cando chegará ás tendas Assassin’s Creed III, xogo que leva 3 anos en desenvolvemento e que promete rematar o arco argumental iniciado na primeira entrega.
Aínda que non hai confirmación oficial, rumoréase que Assassin’s Creed trasladará a acción á Revolución Estadounidense do século XVIII, o que suporía un cambio realmente radical dunha saga que destaca pola excelente recreación da época e os lugares onde transcorren as súas aventuras.

Nas últimas entregas da saga conseguiuse crear un modo multixogador bastante sólido, o que sorprende para un título baseado nunha historia principal

PUBLICIDADE