Anuncian Zombie Apocalypse para PS3 e Xbox 360

martes, 14 de abril do 2009 Marcus Fernández

Konami vén de anunciar que durante o presente trimestre chegará ás tendas de descargas da PlayStation 3 e da Xbox 360 o xogo Zombie Apocalypse, que entraría a completar o cada vez máis amplo catálogo de títulos consistentes na masacre indiscriminada de mortos viventes e/ou infectados, que desta volta estaría moi afastado dos FPS ou dos survival horror e optaría por un xogo arcade no que contarase con 11 armas devastadoras, 7 escenarios variados nos que haberá que sobrevivir 55 días, modo cooperativo (local ou a través da Internet) de ata 4 xogadores e incluso 7 modos de xogo desbloqueables para permitir rexogar este título que non promete ningunha innovación técnica, pero si moita diversión, especialmente para os afeccionados a xogos de recreativa dos anos 80 coma Commando, Ikari Warriors ou Rambo: Acorralado parte II.


Zombie Apocalypse realmente parece un xogo de acción para recreativas dos anos 80

PUBLICIDADE