Anuncian a 6ª entrega das aventuras do Profesor Layton

mércores, 29 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Esta mañá emitiuse para o Xapón unha nova entrega de Nintendo Direct, no que deron algúns detalles do que será unha nova entrega das aventuras do Profesor Layton para a Nintendo 3DS, que non só será o sexto xogo deste popular personaxe, senón que podería ser tamén o derradeiro (o que podería ser unha mala interpretación das palabras do director xeral de Level-5, Akihiro Hino), e levaría por título Layton Kyoujyu to Cho Bunmei A no Isan (O Profesor Layton e o Legado da Super Civilización A) e no que volveremos a contar cunha historia de misterio e multitude de quebracabezas que resolver. O xogo chegará ao Xapón en 2013, sen detallarse aínda cando chegará a Occidente (lembremos que estes títulos tardan bastante en localizarse internacionalmente, superando normalmente o ano entre o lanzamento xaponés e o europeo).

A nova aventura do Profesor Layton chegará ao Xapón en 2013

PUBLICIDADE