Anuncian a data de lanzamento dos novos xogos de Pokémon para Switch

mércores, 5 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Na xornada de hoxe publicouse un novo Direct de Nintendo centrado nos xogos Pokémon Espada e Pokémon Escudo, dos que avanzaron detalles entre os que destaca a súa data de lanzamento, que terá lugar o vindeiro 15 de novembro a nivel global.
Estes novos xogos para Nintendo Switch supoñen un paso moi importante para a franquía, xa que sería a primeira vez que un título da saga principal de Pokémon ve a luz nunha consola que non é exclusivamente portátil.
Durante o Pokémon Direct puidemos ver criaturas Pokémon inéditas, a inmensa Área Silvestre, as Incursións Dinamax para até 4 xogadores en liña ou en modo local e o fenómeno coñecido como Dinamax. Tamén anunciouse que durante o lanzamento do xogo tamén estará dispoñible un lote dobre de Pokémon Espada e Pokémon Escudo que, aparte de ambos xogos, inclúe tamén unha caixa metálica en cor dourada con espazo para dúas tarxetas de xogo.

Vídeo íntegro do Pokémon Direct de hoxe

PUBLICIDADE