Anuncian cómo será o Sony Ericsson P1

mércores, 9 de maio do 2007 Marcus Fernández

O teléfono intelixente P990i con sistema operativo Symbian era ata o momento un referente dentro da telefonía de Sony Ericsson, marcándose como o terminal ideal (por combinar moitas prestacións nun dispositivo de tamaño aceptable e de manexo cómodo) pero chegou o seu relevo, pois o fabricante nipón anunciou o Sony Ericsson P1, que conservando as prestacións do seu predecesor conta cun tamaño un 25% inferior.
O Sony Ericsson P1 ten unha pantalla táctil de 2,6 polgadas, unha cámara de 3,2 Mpíxeles, soporta tecnoloxía push para o correo electrónico (tanto Exchange ActiveSync coma BlackBerry Connect), unha fenda para tarxetas Memory Stick Micro, conectividade WiFi e Bluetooth, soporte de tecnoloxía VoIP, un teclado que case é QWERTY e, ademais, é tribanda (soportando conexións de datos dende o GPRS 900 ata o UMTS 2100).
O novo móbil chegará ó mercado no terceiro cuadrimestre do ano e xa se pode considerar coma o terminal de referencia na súa categoría.

PUBLICIDADE