Anuncian en Facebook a data de lanzamento de Batman: Arkham Asylum

venres, 29 de maio do 2009 Marcus Fernández

Moitos afeccionados acudiron disfrazados á MCM Expo para gozar do novo xogo de BatmanO agardado xogo Batman: Arkham Asylum tería que saír á venda en xuño, pero anunciouse un retraso no mesmo ata finais do verán, o que dende a prensa especializada entendían que era o mes de setembro, pero esta mañá, e a través de Facebook, a xente de Eidos Interactive e Warner Bros Interactiva Entertainment confirmou as datas de lanzamento en primicia para os seus seguidores, que serán o 25 de agosto para EE.UU. e o 28 de agosto para Europa.
A pasada fin de semana moitos afeccionados aos comics e videoxogos puideron ver unha demostración xogable do mesmo na feira MCM Expo de Londres, e nos últimos meses tamén puidemos ver un goteo de información sobre este agardado título, que promete ser un dos maiores éxitos do ano, en boa medida porque o xogo fuxe de ser unha conversión dunha película ou unha historia do cómic, para ter un espírito propio que podería entusiasmar aos seguidores do cruzado da capa.

Afeccionados disfrazados probando o novo xogo de Batman na MCM Expo de Londres.



GameTrailers tamén vén de estrear en exclusiva un trailer do xogo no que podemos ver ao carismático Joker (personaxe xogable en exclusiva para a versión de PS3):

PUBLICIDADE