Anuncian lotes de PS4 con Red Dead Redemption 2
luns, 24 de setembro do 2018
O xogo multiplataforma máis esperado do ano, Red Dead Redemption 2, chegará
finalmente ás tendas o 26 de outubro, e dende Sony queren aproveitar a ocasión
para pór á venda lotes
das súas consolas con este grande tÃtulo, sendo a edición máis destacable a
que inclúe unha PlayStation 4 Pro con 1 TB de disco duro, un mando DUALSHOCK 4
e o xogo nun disco Blu-ray. Esta edición serÃa a que permitirÃa gozar do grande
xogo de Rockstar con 4K e HDR.
Pero os usuarios que prefiran a PlayStation 4 normal, tamén poderán facerse co
modelo con 1 TB de disco duro, co xogo en formato fÃsico (por desgraza, a edición
con 500 GB de disco duro limitará a súa distribución ao Reino Unido).
Estas edición de consolas PlayStation 4 con Red
Dead Redemption 2 xa están dispoñibles para a súa reserva.