Anuncian o primeiro videoxogo de One Punch Man

xoves, 27 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A serie de televisión baseada nun manga One Punch Man vai contar cun videoxogo de seu segundo anuncian dende Bandai Namco, compañía que confirma que este título está a prepararse para PS4, Xbox One e PC.
One Punch Man: A Hero Nobody Knows será un xogo de loita e acción ambientado nun universo no que as ameazas xorden constantemente ameazando á humanidade, que sobrevive grazas á intervencións de heroes moi diferentes entre os que chama a atención Saitama, que é quen de eliminar á meirande parte de inimigos dun único puñazo.
O xogo contará con combates de 3 contra 3 nos que os xogadores poderán formar equipos cos personaxes máis coñecidos do anime baseado na obra de One, como o cyborg Genos, a heroína psicoquinética Fubuki, o heroe ciclista Mumen Rider, a moza ninja Sonic e o propio Saitama.

Tráiler de One Punch Man: A Hero Nobody Knows

PUBLICIDADE