Anuncian os lanzamentos de Guitar Hero ata o verán

martes, 24 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Roberto Aracil demostrando o uso da batería no Guitar Hero World Tour

Red Octane, a unidade de negocio de Activision, presentou en Madrid as novidades da franquía Guitar Hero ata o verán de 2009, nun evento no que contaron coa presenza de Roberto Aracil, batería de Pereza, quen fixo unha demostración para os asistentes.
Os lanzamentos anunciados serían os seguintes:
- o 27 de marzo poderá adquirirse de xeito independente a guitarra do Guitar Hero World Tour
- o 24 de abril faría o propio a batería do devandito xogo
- en maio teriamos nas tendas o agardado Guitar Hero: Metallica, do que xa podemos probar a súa demo para Xbox 360
- en xuño sairían tanto o Guitar Hero On Tour: Modern Hits para Nintendo DS coma o Guitar Hero Greatest Hits (recompilación dos xogos de máis éxito dos anteriores Guitar Hero, que engadirán a posibilidades propias do Guitar Hero World Tour).
Durante a presentación, Mónica Guerra, brand manager de Red Octane en España, asegurou que «2009 vai ser o ano da consolidación da marca Guitar Hero en España», polo que entendemos que os rumores de que imos ter máis títulos da saga durante a segunda metade do ano estarían ben fundamentados.

PUBLICIDADE