Anuncian un novo xogo de exercicio para a táboa de equilibrio da Wii

luns, 16 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Un dos DVD de exercicios de Jillian Michaels

Tralo éxito de Wii Fit varios fabricantes de videoxogos pretenden subirse ao carro dos xogos para facer exercicio, e un dos títulos que chegarán nos vindeiros meses será Jillian Michaels’ Fitness Ultimatum 2009, que utilizará a táboa de equilibrio da Wii para a práctica de rutinas de exercicios, que combinará con consellos que axuden a manter a boa forma física e reducir o peso.
O novo xogo está promovido por Jillian Michaels, presentadora dun programa televisivo de exercicio combinado con reality show da NBC (The Biggest Loser), que xa ten publicados libros e DVD sobre a perda de peso. É de esperar que este sexa un dos moitos xogos que aproveiten esta nova tendencia iniciada por Nintendo, aínda que parece que non chegará ás tendas ata finais de ano.

PUBLICIDADE