Ao Sony Ericsson Xperia X10 sáenlle 2 irmáns pequenos

luns, 15 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O Sony Ericsson Xperia X10 é un móbil sumamente completo e atractivo, pero non vai quedar só na familia de móbiles con Android deste fabricante, que vén de anunciar en Barcelona os terminais Xperia X10 Mini e Mini Pro, que chegarán ao mercado durante a primeira metade do ano e que apostan por un tamaño máis reducido que o seu irmán maior.
Ambos móbiles comparten características (pantalla de 2,55 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, procesador Qualcomm a 600 MHz, cámara de 5 Mpíxeles, Wi-Fi, Bluetooth e GPS) pero o Xperia X10 Mini sería máis compacto, cunhas medidas de 83 x 50 x 16 milímetros e un paso de 86 gramos, mentres que o Xperia X10 Mini Pro mide 90 x 52 x 17 milímetros e pesa 120 gramos, pois inclúe a maiores un teclado QWERTY deslizante.
Coma no Xperia X10, os novos móbiles tamén incluirán de serie a aplicación Sony Ericsson Timescape, que facilita a comunicación a través de distintas plataformas de redes sociais de xeito centralizado.


Vídeo de presentación do novo Sony Ericsson Xperia X10

PUBLICIDADE