Aparello para facer copias de seguridade do disco duro con so premer nun botón

luns, 19 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

Hai unha cousa que probablemente haxa que ter en conta cada día cando traballamos cun computador e este se converte na nosa principal ferramenta: o disco duro achega en moitos casos aquela parte do cerebro que nos falta ós que estamos ó seu carón. Tendo en conta isto, calquera cousa que poidamos facer para coidalo e para que se sinta cómodo e, sobre todo, para que non fique en branco, non tería por que ser mal recibida. Nesta liña é onde traballa Century a través do OS Emergency Box, que é algo así coma un botiquín do disco duro que fai copias de seguridade do mesmo cando prememos nun botón.
O trebello, que ten máis feitura de almofada vibradora ca de gadget propiamente dito, permite tamén facer copiar o contido do disco de emerxencia ó disco interno, que sería unha manobra de sentido contrario de moita utilidade se finalmente andamos de disco interno en disco interno. En Xataca din que a teoría deste aparello está moi ben pero na práctica pode quedar todo en palla mollada. Así, se por exemplo temos á nosa disposición un disco duro orixinal de 200 xigabytes, empregaríamos varias horas en carrexalo todo ó disco de emerxencia a través dun porto USB. Tempo abondo como que nos dea exactamente o mesmo que a información se acabe por perder. Sobre todo se falamos de (por poñer un exemplo calquera) cancións de La Oreja de Van Gogh.

PUBLICIDADE