Apple Music anuncia función de karaoke

mércores, 7 de decembro do 2022 Marcus Fernández

O servizo de subscrición musical de Apple estreará a finais de mes unha nova funcionalidade chamada Apple Music Sing, que permite aos usuarios cantar as súas cancións favoritas configurando os axustas das diferentes voces e seguindo as letras en tempo real, ou sexa, que converte a aplicación musical nun karaoke.
Dende Apple decidiron lanzar esta opción ante a popularidade que gañou a posibilidade de ver as letras das cancións. Con Apple Music Sing podemos controlar o volume das voces en millóns de temas de Apple Music, ver as letras animadas en tempo real, animar de xeito independente as voces secundarias e incluso presentar as voces de varios cantantes en lados opostos da pantalla para facer máis doado cantar duetos.
Para o lanzamento de Apple Music Sing o servizo musical estreará unha colección con máis de 50 listaxes de reprodución especiais, pensadas para gozar ao máximo da experiencia ao escoller temas, duetos, retrousos e cancións coñecidas moi amplamente, ou sexa, as típicas cancións de karaoke.

PUBLICIDADE