Apple estrea unha versión económica do iPod Touch

xoves, 30 de maio do 2013 Marcus Fernández

O reprodutor multimedia estrela de Apple, o iPod Touch, leva tempo vendéndose en modelos de 32 e 64 Gb a 319 e 429 euros respectivamente, pero hoxe incorporouse á tenda en liña de Apple unha revisión do mesmo, con 16 Gb de capacidade e un prezo de 249 euros, que para aforrar custos prescinde da cámara traseira e da correa, pero mantendo un deseño superfino, pantalla Retina de 4 polgadas, chip A5 de dobre núcleo e auriculares EarPods, chegando incluso a reducir o seu peso en 2 gramos. Polo momento só está á venda en cor prata (en vez de nas 6 cores do modelo anterior).
Un curioso paso por parte de Apple, que en vez de optar por comercializar un modelo anterior a un prezo reducido decide eliminar prestacións a un modelo novo para facelo máis asumible, algo que leva tempo rumoreándose que podería pasar co iPhone, e que, polo momento, só acontece co iPod Touch.

Comparación entre os modelos de 16 e 32/64 Gb do iPod Touch

PUBLICIDADE