Ardistel recibirá a Nintendo 3DS con múltiples accesorios

martes, 15 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A Expedition Case protexe a 3DS e permite gardar no seu interior 2 stylus e ata 6 cartuchosO 25 de marzo chegará a Nintendo 3DS ás tendas españolas acompañada por 15 xogos de lanzamento, pero tamén de multitude de accesorios, entre os que podemos adiantar os de Ardistel, compañía que xa ten lista toda unha liña de produtos para a nova portátil de Nintendo.
Temos así o Excursion Starter Kit, que inclúe un estoxo para gardar 36 cartuchos de 3DS, 2 stylus e 1 stylus tipo bolígrafo, ao que habería que sumar un cargador para o coche, 2 stylus retrácticles, 1 stylus tipo bolígrafo, auriculares estéreo, un rebezo e 2 protectores adhesivos para as pantallas que porán á venda por 39,95 euros; o Clean & Protect Kit cun estoxo para 4 cartuchos, 2 estoxos individuais para xogos, 3 stylus retráctiles, un rebezo e 2 protectores adhesivos de pantalla por 9,95 euros; o Car Adaptor, un cargador para o acendedor do coche (compatible coa DSi e a DSi XL) por 9,95 euros; o Core Starter Kit cun estoxo con banda de seguridade e peche metalizado, 2 stylus retráctiles, un rebezo de limpeza, auriculares, protectores de pantalla e 2 estoxos para cartuchos de xogo 3DS en plan tríptico (que permiten gardar ata 4 cartuchos) á venda por 24,95 euros; e o Expedition Case, un estoxo de protección dispoñible en varias cores que serve para gardar a consola, 2 stylus e ata 6 cartuchos.

O Excursion Starter Kit é un completo conxunto de accesorios para a 3DS
O Core Starter Kit é un grupo de accesorios bastante completo

PUBLICIDADE