Arlo presenta unha solución de timbre sen fÃos
luns, 23 de xullo do 2018
A división de Netgear dedicada á seguridade doméstica, Arlo,
anunciou hoxe os novos Arlo Audio Doorbell
e Arlo Chime, ou sexa, un timbre conectado para a porta do fogar, que
integra son bidireccional e que busca empregarse en combinación coas cámaras de
vixilancia da mesma marca. Temos asà unha especie de porteiro automático, que
pode operarse sen fÃos dende o smartphone ou a tableta, xa que cando unha persoa
toca o timbre, o usuario recibe unha chamada a través da aplicación de Arlo,
podendo asà responder en vivo ou enviar unha mensaxe pregravada.
A grande vantaxe desta tecnoloxÃa é que ten unha instalación moi doada, ou
conectarse os dispositivos de Arlo sen fÃos, e de contarmos tamén con algunha
das cámaras se vixilancia da compañÃa o funcionamento pode coordinarse, de
xeito que podemos ver ás persoas que chaman á nosa porta en vivo, e responder mediante
voz dende calquera lugar (dentro ou fóra do fogar, sen que o interlocutor sexa
consciente de se hai xente no domicilio nese momento).
O novo timbre sen fÃos de Arlo funciona cun par de baterÃas AA que achegan unha
autonomÃa de até un ano enteiro, e tamén é resistente á auga, de xeito que non
ten problemas para a súa instalación en exteriores.
Aparte do botón de timbre para colocar no exterior da porta (doorbell) Arlo tamén ten un altofalante
(chime) que poder colocar no interior
do fogar para poder escoitar cando alguén toca o timbre sen ter que depender
sempre do dispositivos móbil coa aplicación móbil de Arlo para atender ao
timbre. Este altofalante pode configurarse dende a aplicación móbil, para axustar
o seu volume e tamén poder definir horarios nos que se prefira que non moleste.
Esta nova solución tecnolóxica para o fogar sairá á venda no outono.