Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

Imaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA


A empresa galega imaxin|software e a portuguesa Priberam remataron a integración de varios pares de idiomas da plataforma Opentrad no software de tratamento de vídeo plainX que, segundo indican, “permite a transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe automática empregando avanzadas técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural e de Intelixencia Artificial”. Imaxin engade que este proxecto abeirase á colaboración mantida dende hai anos entre ambas dúas empresas, especializadas neste tipo de solucións, colaboración que será ampliada no futuro con novos proxectos en común.

[ler máis]

3,1 millóns de euros para a dixitalización das administracións locais da provincia da Coruña


A Deputación da Coruña vén de recibir 3,1 millóns de euros de fondos europeos para impulsar a dixitalización da administración local na provincia, concedidos dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para proxectos de modernización e dixitalización das entidades locais, forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generetion EU.

[ler máis]

Improving Metrics e Itelsis, distinguidas polas cámaras coruñesas no Premio Peme do Ano


A empresa ABN Pipe, con sede na Coruña e dedicada á fabricación de sistemas de tubaxes e compostos de materiais termoplásticos para os sectores da edificación, a obra civil e a industria, recibiu este martes 6 de xuño o Premio Peme do Ano 2023 da Coruña, un galardón que conceden o Banco Santander e as Cámaras de Comercio da Coruña e Santiago de Compostela, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia.

[ler máis]

O Colexio de Enxeñeiros Industriais entregará na Coruña os Premios Galicia de Industria


O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) entregará os galardóns da quinta edición dos Premios Galicia de Industria o vindeiro venres, 16 de xuño, no Palacio da Ópera da Coruña. Haberá seis categorías, ás que se presentaron un total de 14 empresas. Nelas recoñécense as mellores traxectorias, o fomento e implantación de boas prácticas no campo da industria, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades.

[ler máis]

Orange traerá a conectividade 5G SA a Vigo e A Coruña


En febreiro Orange puxo en marcha a súa rede de telefonía móbil 5G SA (Stand Alone), o que moitas veces se define como 5G de verdade, pero que o operador galo promociona como 5G+, e agora fan balance desta despregadura para asegurar que son a única rede deste tipo que chegará a 30 localidades no primeiro semestre do ano.

[ler máis]

Amparo Alonso, nova Colexiada de Honra do CPEIG

Amparo Alonso no exterior do CITIC, no Campus de Elviña (UDC), nunha imaxe de Xurxo Lobato
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai distinguir co Premio Colexiada/o de Honra a Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña (UDC) e investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC.

[ler máis]

Vitae móstranos nun novo curso as mellores técnicas científicas para a xestión de persoal


Vitae vainos achegar un verán completo de actividades formativas para comezar o vindeiro curso con recursos plenamente actualizados. No extenso paquete de propostas que a consultora galega pon a disposición das e dos profesionais TIC atopamos unha actividade que sitúa o punto de mira nos equipos humanos e en como formar os mellores cadros de persoas nunha empresa. Trátase do novo curso People Analytics. A arte de xestionar persoas convertida en Ciencia, de seis horas de duración. Celebrarase en dúas xornadas, os días 28 e 29 de xuño, en formado de aula virtual en directo.

[ler máis]

Como levar a cabo unha axeitada dixitalización, este xoves na Cámara de Santiago


A Cámara de Comercio de Santiago ofrécenos esta semana (o xoves 8 en formato exclusivamente presencial) unha nova oportunidade formativa para avanzarmos en transformación: a xornada Como dixitalizar unha empresa e non morrer no intento. A finalidade deste obradoiro é facilitar o proceso de transformación nas pemes da contorna compostelá e, tamén, poñer o foco nas grandes vantaxes destes procesos, que abren grandes oportunidades ás empresas, sobre todo en medre de ingresos, aforro de custes, melloras en calidade ou competitividade.

[ler máis]

O portal Proxector recompila unha ducia de vídeos sobre os residuos plásticos


O portal de divulgación Proxector, impulsado polo Consello da Cultura Galega (Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia) e a USC para achegar á mocidade contidos divulgativos e científicos en galego, achéganos este mes de xuño un novo especial sobre sustentabilidade e novos xeitos de producir. Un planeta sen plástico é o título da nova entrega de Proxector.

[ler máis]

A Escola Superior de Enxeñaría Informática celebra este sábado unha xornada de portas abertas


As e os estudantes interesados nas carreiras tecnolóxicas terán este sábado 10 de xuño a oportunidade de coñecer en primeira persoa a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense, as súas instalacións, titulacións e servizos. Será na celebración da súa xornada de portas abertas, dirixidas a futuro novo alumnado universitario e ás familias interesadas.

[ler máis]

Apple abre a WWDC con novidades de software e hardware


O congreso para desenvolvedores de Apple, a WWDC23, botou a andar hoxe coa vista posta na súa presentación inaugural, unha das de maior duración que poden lembrarse, e que aparte das habituais novidades de software e hardware, incluíu finalmente unha One More Thing, reservada como guinda do pastel, e que consistiu no moi rumoreado casco de realidade aumentada da compañía de Cupertino.

[ler máis]

Apple presenta o seu casco de realidade aumentada


Durante a conferencia de apertura da WWDC23, Tim Cook saíu ao escenario a presentar One More Thing, o que resultou ser o casco de realidade aumentada Apple Vision Pro, que a compañía da mazá describe como un revolucionario ordenador espacial que achega contido dixital ao mundo físico á vez que permite estar presente e conectar cos demais.

[ler máis]

O IGAPE achega novos apoios ás pemes para o impulso de máis de 200 proxectos de dixitalización


O director do IGAPE, Fernando Guldrís, visitou este luns 5 de xuño, en Porto do Molle (Nigrán), as instalacións de Gaictech, empresa de fabricación de maquinaria para o sector conserveiro e do conxelado que implementou, grazas ao programa de Dixitalización Industria 4.0, unha xestión integral tecnolóxica do seu proceso produtivo. Isto permitiulle acadar unha maior eficiencia e control desde o pedido do cliente até o subministro, pasando pola compra do material, o seu almacenamento e o corte láser do mesmo.

[ler máis]

O Coworking Dixital Compostela móstranos este mércores como atraer talento á nosa empresa


Este mércores 7 de xuño o Coworking Compostela Dixital (Cámara de Comercio de Santiago) vai organizar unha xornada en liña sobre metodoloxías e recursos dos que botar man para formar un grupo axeitado de profesionais para a nosa empresa ou emprendemento. A actividade Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo celebrarase ás 15.30 horas deste mércores e terá unha duración de 3 horas.

[ler máis]

Presentadas as tres primeiras ferramentas de Nós: un tradutor, un recoñecedor de voz e unha aplicación que le na nosa lingua

Presentación das ferramentas do Proxecto Nós celebrada este luns 5 de xuño/Fotos de Santi Alvite
O Proxecto Nós, integrado pola Xunta (Consellería de Cultura e Educación, Secretaría Xeral de Política Linguïstica), o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o centro CiTIUS da USC, celebrou este luns 5 de xuño a presentación dos detalles das súas tres primeiras ferramentas: ferramentas destinadas a facilitar a integración da lingua galega no ámbito da Intelixencia Artificial e das tecnoloxías disruptivas. O encargado de dar a coñecer os proxectos foi o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Trátase, dixo, “de 3 aplicacións sen precedente en Galicia que permitirán a interacción en lingua galega entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos”.

[ler máis]

Robótica e XuvenCiencia (USC) luciron proxectos revolucionarios na Maker Faire Galicia


Alumnado do grao en Robótica e investigadores do grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus Terra da USC presentaron proxectos de innovación tecnolóxica e kits de experimentación científica na última edición da Maker Faire Galicia, o evento argalleiro-tecnolóxico celebrado esta finde en Santiago, na Cidade da Cultura, no que participaron empresas, estudantes e milleiros de visitantes atraídos pola innovación tecnolóxica.

[ler máis]

Os cidadáns podemos conseguir o noso certificado dixital dende casa


Ante a convocatoria de Eleccións Xerais para o vindeiro 23 de xullo son moitos os cidadáns que queren solicitar o voto por correo, e para evitar ter que acudir dúas veces ás oficinas de Correos (unha para solicitar o voto e outra para entregalo) queren realizar a solicitude dende o fogar a través da Internet, para o que precisan dun DNI electrónico ou dun certificado dixital válido, o que en moitos casos tamén precisa desprazamentos para identificarse, por exemplo, nunha oficina da Seguridade Social, pero este trámite presencial pode agora evitarse grazas ao novo procedemento de obtención do certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre con identificación a través de vídeo.

[ler máis]

Os dominios .gal poden gozar de balde da tecnoloxía de tradución automática de Opentrad


Os directores xerais de PuntoGal, Darío Janeiro e o dos desenvolvedores de Opentrad, imaxin|software , Diego Vázquez, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar o uso do galego no entorno dixital. Mediante este acordo búscase aproveitar os avances en tradución automática en relación co galego para incorporar esta lingua ás páxinas web con dominio PuntoGal.

[ler máis]

Nova edición das Xornadas Tecnolóxicas R


Unha nova edición das Xornadas Tecnolóxicas R celebrarase o martes 13 de xuño na Finca Montesqueiro, en Oleiros (A Coruña), onde se reunirán profesionais e altos responsables de empresas para escoitar as reflexións de expertos sobre os profundos cambios que o noso mundo experimentou nos últimos anos.

[ler máis]

DATAlife ofrece servizos de I+D sen custo para as pemes estratéxicas de Galicia


DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH) para as Ciencias da Vida de Galicia celebrou en Santiago a súa sexta asemblea xeral ordinaria, onde destacou os logros alcanzados desde a súa creación en 2019. DATAlife é un dos dous hubs de innovación dixital estratéxicos impulsados pola Xunta para contribuír á transformación dixital das pemes galegas. Neste sentido, a Administración autonómica, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) destacou a “importancia de DATAlife como entidade capaz de mobilizar ao ecosistema, dende os centros tecnolóxicos e universidades ata as pemes, que son as que máis apoio necesitan en dixitalización”.

[ler máis]


· Imaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA

· 3,1 millóns de euros para a dixitalización das administracións locais da provincia da Coruña

· Improving Metrics e Itelsis, distinguidas polas cámaras coruñesas no Premio Peme do Ano

· O Colexio de Enxeñeiros Industriais entregará na Coruña os Premios Galicia de Industria

· Orange traerá a conectividade 5G SA a Vigo e A Coruña

· Amparo Alonso, nova Colexiada de Honra do CPEIG

· Vitae móstranos nun novo curso as mellores técnicas científicas para a xestión de persoal

· Como levar a cabo unha axeitada dixitalización, este xoves na Cámara de Santiago

· O portal Proxector recompila unha ducia de vídeos sobre os residuos plásticos

· A Escola Superior de Enxeñaría Informática celebra este sábado unha xornada de portas abertas

· Apple abre a WWDC con novidades de software e hardware

· Apple presenta o seu casco de realidade aumentada

· O IGAPE achega novos apoios ás pemes para o impulso de máis de 200 proxectos de dixitalización

· O Coworking Dixital Compostela móstranos este mércores como atraer talento á nosa empresa

· Presentadas as tres primeiras ferramentas de Nós: un tradutor, un recoñecedor de voz e unha aplicación que le na nosa lingua

· Robótica e XuvenCiencia (USC) luciron proxectos revolucionarios na Maker Faire Galicia

· Os cidadáns podemos conseguir o noso certificado dixital dende casa

· Os dominios .gal poden gozar de balde da tecnoloxía de tradución automática de Opentrad

· Nova edición das Xornadas Tecnolóxicas R

· DATAlife ofrece servizos de I+D sen custo para as pemes estratéxicas de Galicia

· Os investigadores apoiados por Oportunius (GAIN) mostran este mércores os seus avances

· As empresas de Boiro contarán con importantes descontos en telecomunicacións da man de Díxome

· A Deputación de Pontevedra achega 5 obradoiros dentro do programa SmartPEME

· O servizo CiberEmprego de Érguete atende a máis de 300 persoas durante o ano

· Sae á venda Street Fighter 6

· A Deputación de Lugo capta preto de 4 millóns de euros de fondos europeos para avanzar en dixitalización

· O Polos Creativos revolucionan a educación galega

· Ribeira recibe 185.883 de fondos europeos para proseguir impulsando a súa transformación dixital

· Aberta a inscrición das formacións en mercadotecnia en liña e innovación aberta do Coworking Dixital Compostela

· O CPEIG outorga o Premio TFM en Informática a Rubén Pérez Jove