Arrasa en Kickstarter un libro que rende tributo á Super Nintendo
martes, 11 de abril do 2017
Dende
primeiros de 2014 o deseñador gráfico británico Sam Dyer iniciou a publicación
de libros baixo o selo Bitmap Books
que renden tributo aos videoxogos clásicos dun xeito moi visual e un acabado
moi coidado, que nos últimos anos conseguiu facer realidade 8 volumes dos que 5
acadaron financiamento en Kickstarter e que achegábanse a ordenadores como o ZX
Spectrum o Commodore 64 e o Commodore Amiga e á NES, conseguindo cada vez un
maior pulo, como demostra a súa última iniciativa: The
unofficial SNES/Super Famicom: a visual compendium.
Falamos dun libro que buscaba 25.000 libras para poder editarse, e que case
quintuplicou o seu obxectivo en poucas horas, deixando claro tanto o bo sabor
de boca deixado polos anteriores traballos de Dyer como o atractivo que ten a
consola Super Nintendo, considerada como a grande icona da xeración de xogos de
16 bits, marcando toda unha xeración.
Este compendio visual dunha das consolas máis queridas da historia permite revivir
toda unha época na que os videoxogos entraron nos fogares marcando a toda unha
xeración e sentando as bases da meirande industria do lecer na actualidade. En
vista de que estamos ante toda unha peza de colección este libro de 17 x 23
centÃmetros e máis de 300 páxinas ofrecerase tanto con cubertas brandas como
duras, a prezos de 25 e 30 libras esterlinas respectivamente (37,47 e 43,32
euros cos gastos de envÃo incluÃdos), deixando clara a intención de converterse
nun prezado agasallo de Nadal, xa que os envÃos dos libros realizaranse no mes
de novembro.
VÃdeo promocional do último libro de Bitmap Books