As TIC como recurso para atopar emprego, ao detalle nun curso en Lugo

venres, 21 de febreiro do 2020 Redacción

O Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo acolle esta semana unha actividade para favorecer as oportunidades laborais coa axuda das ferramentas dixitais, inserida no Programa Integrado de Emprego de FEAFES, financiando pola Xunta e o Servizo Público de Emprego Estatal. O curso Novas Tecnoloxías Aplicadas á Búsqueda de Emprego ten o obxectivo de dotar ás persoas participantes de recursos que lles permitan optimizar as súas procuras e xestións en materia laboral a través da iniciación ou o perfeccionamento na informática básica e na Internet.
As veciñas e veciños participantes aprenderán a usar buscadores online, o correo electrónico aplicado á procura activa de emprego, elaborarán currículos e cartas de presentación e aprenderán a buscar fontes electrónicas de información e xestión laboral. Tamén coñecerán distintos organismos de axuda ao emprego como o SPEG- SEPE, os Concellos, as Cámaras de Comercio, as Confederacións de Empresarios, etc. Por outra banda, terán igualmente a oportunidade de iniciarse no manexo de portais de emprego, formularios de solicitude e metabuscadores, así como nas redes sociais e noutros recursos web para a procura de emprego como simuladores de entrevistas, videocurrículos, foros e blogues, etc.
O curso Novas Tecnoloxías Aplicadas á Procura de Emprego comezou o 17 de febreiro en horario de 10.00h a 13.00h do mediodía e finalizará o 24 do mesmo mes.

PUBLICIDADE