As cámaras Samsung NX mesturan a calidade dunha réflex coa calidade dunha compacta
luns, 2 de marzo do 2009
Samsung presenta
unha nova
gama de cámaras, a serie NX, que ofrece a calidade e o rendemento
dunha réflex dixital (DSLR) xunto coa portabilidade e a comodidade dunha cámara
compacta, entrando a formar parte dun mercado hÃbrido de cámaras que algúns
chaman de Micro Catro Terzos.
Como nas cámaras réflex, as NX contan cun sensor de imaxe de grande superficie
para a mellor captación de luz e acadar
asà unhas imaxes de máis calidade, pero prescinden da caixa de espello que define ás réflex empregando un visor electrónico
de grande precisión. Con esta mestura permite unha boa calidade fotográfica cun
tamaño que é aproximadamente o 60% dunha réflex dixital.
Dende Samsung estiman que «o mercado das cámaras
dixitais hÃbridas superará o 20% do mercado global das cámaras dixitais en 2012»,
de aà que aposten por esta nova familia de cámaras que chegará ao mercado na
segunda metade de 2009.