As consolas de videoxogos de Nintendo reciben un novo xogo dos Transformers

venres, 2 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Activision achega hoxe ás tendas españolas Transformers Prime, videoxogo baseado na serie de animación producida por Hasbro Studios, que permite tomar o papel dos Autobots Optimus Prime, Bumblebee, Arcee, Ratchet e Bulkhead para enfrontarse aos malvados Decepticons e frustrar os plans de Megatrón. Este título vén de estrear as súas versións para Wii, Nintendo 3DS e Nintendo DS, e o vindeiro día 30 tamén estará dispoñible para Wii U, de xeito que este xogo estará dispoñible para todas as consolas de videoxogo de Nintendo.
Para facer posible este xogo dende Activision colaboraron estreitamente cos responsables da serie de televisión para trasladar a súa liña argumental, e mantendo aos Transformers clásicos, en vez da versión que ultimamente puidemos ver nas pantallas cinematográficas.

O xogo estará dispoñible en todas as consolas actuais de Nintendo

PUBLICIDADE