As copias físicas de Dying Light chegarán con retraso ás tendas

luns, 19 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

A semana que vén o xogo de Techland Dying Light debería chegar ás tendas de todo o mundo, pero finalmente esta estrea internacional só será na edición descargable do xogo para PS4, Xbox One e PC de fóra dos EE.UU., por problemas na produción das copias físicas, de xeito que nos vindeiros días comunicarán as datas nas que o xogo poderá atoparse nas tendas dos distintos territorios.
O xogo está xa dispoñible en pre-reserva para Xbox One a un prezo de 69,99 euros (89,99 euros na súa Ultimate Edition que inclúe o pase de tempada e os paquetes adicionais Troublemaker Outfit e Be the Zombie), para PlayStation 4 a 69,99 euros (89,99 euros na edición Premium que inclúe o pase de tempada e outros contidos adicionais) e para PC en Steam a 59,99 dólares (79,99 dólares no caso da Ultimate Edition).
Dying Light é un xogo de acción, supervivencia e terror en primeira persoa, ambientado nun mundo de grande tamaño e con numerosos perigos nos que durante o día os xogadores poderán percorrer un extenso contorno urbano invadido por un brote infeccioso, buscando subministros e construíndo armas; mentres que polas noites os infectados vólvense agresivos e perigosos, resultando moito máis complexo sobrevivir até a primeira luz da mañá.
O xogo permite que o usuario poida desenvolverse con distintos estilos, combinando armas para a loita corpo a corpo ou para disparar a distancia, movéndose por un mundo aberto e gozando duns gráficos impresionantes que axudan a somerxerse na acción.

Dying Light ínstanos a sobrevivir a perigosas noites nas que os infectados por un brote convértense en auténticos depredadores

PUBLICIDADE