As dúas primeiras entregas de Max Payne chegan á Xbox 360

luns, 27 de abril do 2009 Marcus Fernández

Imaxe de Max Payne 2

No inverno termos para Xbox 360, PlayStation 3 e PC a terceira entrega de Max Payne, e aproveitando esta conxuntura, Microsoft vén de incorporar ao Bazar de Xbox, na categoría de Originales Xbox as anteriores entregas da saga: Max Payne e Max Payne 2.
Este xogos corresponden á primeira consola Xbox de Microsoft, e véndense coma descarga como xeito de darlles unha segunda vida na Xbox 360, aínda que a un prezo que parece bastante elevado, xa que hai que pagar polos mesmos 1.200 puntos (14,40 euros), o que pode ser excesivo para títulos tan vellos (que no mercado de segunda man teñen prezos bastante reducidos), especialmente para a primeira entrega, que está bastante distante da calidade que presentaba o xogo para PC, mentres que a segunda xa é dun nivel bastante máis elevado.
A saga protagonizada por Max Payne fixo historia nos ordenadores persoais, introducindo efecto do tempo bala de Matrix nos videoxogos, que logo se repetiría en títulos coma Stranglehold e Wanted, e os usuarios que non xogaran a esta saga no pasado teñen unha excelente oportunidade agora. Aparte de para Xbox 360, estes xogos tamén están á venda como descarga para PC por 9,99 euros cada un ou 14,99 euros os dous.

PUBLICIDADE