As entregas de acción da saga Resident Evil preparan a súa chegada ás consolas de nova xeración
xoves, 25 de febreiro do 2016
Ante a falta de retrocompatibilidade da meirande parte das
consolas, nos últimos anos fixéronse moi populares as remasterizacións dos xogos, e para celebrar os 20 anos da franquÃa Resident Evil dende Capcom decidiron que
non chegaba coas recentes versións de Resident
Evil e Resident
Evil 0 para as novas consolas (asà como o remake de Resident Evil 2
que está en preparación) e anuncian
que o 29 de marzo iniciarán o lanzamento das versións remasterizadas de Resident
Evil 4, 5 e 6 para Xbox One e
PlayStation 4, vendéndose cada unha a 19,99 euros (prezo que teñen
actualmente as anteriores entregas). Deste xeito as versións da saga que fuxiron da supervivencia para apostar pola acción estarán dispoñibles para as consolas actuais.
O tÃtulo que estará dispoñible para a súa descarga o 29 de marzo será Resident Evil 6, que por ser o máis
recente tamén parece telo máis doado para adaptarse ás consolas actuais;
mentres que Resident Evil 5 farase
esperar até o verán; e Resident Evil 4
até o outono; separando asà debidamente os lanzamentos para que os seareiros da
saga poidan adquirilos con tempo dabondo para poder completalos con
tranquilidade.
Como vén a ser habitual neste tipo de tÃtulos relanzados, os xogos incluirán todos os contidos descargables que foron
saÃndo tras o seu lanzamento orixinal, achegando asà unha experiencia completa
que contribuirá a manter viva unha saga que ten dificultades para continuar
despois da mala recepción da súa sexta entrega.
VÃdeo de presentación das novas remasterizacións