As lentes de realidade aumentada de Nreal chegan da man de Vodafone
luns, 31 de maio do 2021
Como anticiparan
a finais do ano pasado, Vodafone trae a España as
lentes de realidade aumentada Nreal Light acompañadas pola aplicación
Vodafone 5G Reality AR, solución que conta cunha listaxe de widgets de
aplicacións para que o usuario cree o seu propio taboleiro virtual, combinando pantallas
en 2D e 3D.
Para funcionar estas lentes precisan conectarse por USB-C a un smartphone de
última xeración con Android, que será o dispositivo encargado das tarefas de
procesamento e execución de funcións de control.
As lentes Nreal Light permiten acceder a un escritorio virtual interactivo para
traballar con múltiples pantallas en calquera lugar, levar o mans libres á
máxima expresión ou gozar da televisión de xeito estendido, experiencias que
chegan en exclusiva a través de Vodafone, compañÃa que ten actualmente a
distribución en exclusiva deste dispositivo de realidade aumentada para España.
Vodafone
ofrece as Nreal Light aos seus clientes a través de puntos de venda fÃsicos
e en liña, podendo adquirise as lentes asociadas a calquera tarifa de Vodafone
e podendo tamén adquirise de xeito conxunto con algún dos smartphones
compatibles. Deste xeito podemos, por exemplo, mercar as lentes de realidade
aumentada por 16 euros/mes durante 36 meses e, de querer optar polo dispositivo
cun smartphone Oppo Find X3 Pro 5G o prezo mensual subirÃa até os 42,5 euros.
AÃnda que a utilidade destas lentes de realidade aumentada é aÃnda moi limitada,
son un interesante xeito para introducirse nunha tecnoloxÃa chamada a formar
parte das nosas vidas unha vez que madure, xa que neste momento carece de
contidos que a fagan atractiva e de dispositivos que consigan que o seu uso
poida resultar cómodo e integrarse ao noso dÃa a dÃa.
VÃdeo promocional das Nreal Light que comercializa Vodafone en España