As mulleres súmanse ao mercado dos videoxogos apostando pola xogabilidade
venres, 24 de agosto do 2007
Ó pensar nun xogador de videoxogos
automátcamente vénnos a cabeza un mozo deitado nun sofá tentando asaltar un
cuartel inimigo, decapitar ó seu adversario, matar zombies ou tunear o seu coche até romper todos os
lÃmites de velocidade. Porén, á marxe deste grupo de consumidores habituais (e
masivo) de videoxogos, o sector do lecer vitual está a ver o nacemento dun novo
mercado periférico: os xogadores ocasionais.
Este novo perfil de xogador (denominado en
inglés casual gamers) semella
a auténtica antÃtese do estereotipo de xogador, xa que, segundo o publicado por
un artigo no portal siliconvalley.com,
a gran maiorÃa dos consideradas consumidoras circunstanciais (ou informais) son
mulleres de entre 35 e 45 anos, as que, lonxe de (mal)gastar moito tempo e diñeiro
en toda a parafernalia dos videoxogos e as técnicas para dominalos, empregan o
ordenador de casa para pasar un rato de desconexión cuns programas simples e
intuitivos que no requiren máis duns minutos para comezar a pasalo ben.
Este grupo de novos consumidores, polo de
agora minoritario -pero está a medrar-, xa captou a ollada dos grandes
fabricantes de xogos, aÃnda que de momento está dominado por pequenas firmas
independentes. Os xogos programados por estas
empresas aseméllanse ós arcades dos oitenta, e algúns mesmo non son máis que recreacions
dos xogos de mesa tradicionais, como é o caso do Trivial Pursuit ou o Monopoly.
Imaxe de mulleres xogando vista no sitio de Jez.