As novas estrelas españolas na NBA tamén sairán no xogo de Tawe-Two Interactive

martes, 3 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Carderón, Garbajosa e Sergio RodríguezJosé Manuel Calderón, Jorge Garbajosa e Sergio Rodríguez, actuais campións do Mundial de Baloncesto 2006, veñen de fichar virtualmente por 2K Sports (de Take-Two Interactive) para aparecer no xogo NBA 2K7 e promocionalo no mercado español.
NBA 2K7 presume de ser o mellor videoxogo de deprotes no E3 2006, e amosa un realismo visutal de vangarda, que segundo o propio Garbajosa ofrecce unha experiencia “moi excitante, a adrenalina corre polas túas veas ó igual que ocurre no campo de xogo”, mentres que Calderón destaca que “este videoxogo permite realizar todo tipo de xogadas, pases... toda unha experencia de xogo en equipo para conseguir a victoria”. Sergio Rodríguez sostén que é “o mellor xogo de baloncesto que existe”.
A promoción de 2K Sports parece moi atinada, xa que estamos ante unha tempada deportiva na NBA coa maior participación española da historia, pois aparte de Pau Gasol, os xogadores que forman parte da campaña promocional de NBA 2K7 tamén participan na mellor liga de baloncesto do mundo.
O NBA 2K7 venderase para Xbox 360 e PS2 a partires do 3 de novembro de 2006, agardándose o seu lanzamento para PS3 en 2007.

PUBLICIDADE