As novas tabletas insignia de Samsung adoptan o factor de forma das de Apple
luns, 20 de xullo do 2015
Samsung presentou hoxe a súa nova
tableta Galaxy Tab S2, que non só serÃa a tableta máis lixeira e delgada da
compañÃa surcoreana até o momento, senón que tamén buscarÃa achegar unhas
prestacións para a produtividade melloradas e unha maior calidade de imaxe,
combinando asà un bo rendemento cun deseño elegante.
Esta tableta con marco de metal aposta por unha pantalla Super AMOLED de 9,7
polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 pÃxeles, de xeito que adoptarÃa o
mesmo factor de forma que o iPad Air 2, pero cun grosor (4,5 milÃmetros) e un
peso (389/392 gramos) inferiores que o produto de Apple, aÃnda que Samsung
tamén quixo preparar unha versión con pantalla Super AMOLED de 8 polgadas cunha
resolución de 2.048 x 1.536 pÃxeles para competir con iPad mini 3, tableta á
que tamén consegue superar en portabilidade grazas ao seu reducido grosor (5,6
milÃmetros) e contido peso (265/272 gramos).
Ao apostar por unhas proporcións de pantalla de 4:3, Samsung busca que as súas
tabletas teñan un mellor comportamento como dispositivos de lectura de libros
electrónicos, revistas, páxinas web... o que leva ás tabletas Galaxy Tab S2 a
competir directamente coas de Apple, polo que tamén teñen que contar cun
hardware interno máis que notable. Contan cun procesador de 8 núcleos (con catro
núcleos a 1,95 GHz e catro núcleos a 1,3 GHz), 3 GB de RAM, 32/64 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante microSD de até 128 GB), cámaras de 8
e 2,1 MpÃxeles, Wi-Fi AC de dobre banda, Wi-Fi Direct, Bluetooth 4.1, GPS,
lector de pegadas dixitais e sistema operativo Android 5.0, diferenciándose o
modelo de 8 e o de 9,7 na capacidade das súas baterÃas (4.000 e 5.870 mAh
respectivamente).
As tabletas Samsung Galaxy Tab S2 sairá á venda durante o mes de agosto,
descoñecéndose polo momento o seu prezo.
- Con estas novas tabletas Samsung parece querer competir de xeito máis directo con Apple