As secuelas e os xogos para Xbox 360 trunfan no Reino Unido

martes, 28 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Fable II para Xbox 360 foi o xogo máis vendido no Reino Unido na pasada semana

A semana pasada as vendas de videoxogos no Reino Unido (que se toman habitualmente como referencia dos resultados a nivel europeo) amosaron uns resultados abraiantes, pois destacan un éxito rotundo das secuelas e da Xbox 360.
Dos 10 xogos máis vendidos, 6 corresponderían á Xbox 360, feito do que pensamos que non hai precedente, compartindo o resto dos postos a partes iguais a PS3 e a Wii, ou sexa, que Nintendo non dominaría as vendas como é habitual; aínda que como dixemos antes, os únicos xogos que non pertencen a unha franquicia serían Wii Fit e Dead Space, o que dá a impresión de que os estudos non queren arriscar nos seus lanzamentos e apostan a cabalo gañador.
Os 3 xogos máis vendidos serían Fable II, Saints Row 2 e Far Cry 2 (os 3 para Xbox 360), seguidos polo Pro Evolution Soccer 2009 para PS3 e Xbox 360.
Aínda é moi cedo para sacar grandes conclusións, pero parece que a Xbox 360 finalmente se sitúa nunha boa posición en Europa, e as boas vendas da consola de Microsoft nos últimos meses tamén vai acompañada pola venda de xogos para tal plataforma.

PUBLICIDADE