As subscricións a PS Plus véndense nunha caixa metálica que homenaxea á PS One

venres, 7 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Os usuarios das consolas de Sony pode contratar un servizo de subscrición chamado PlayStation Plus que abre o acceso ao xogo en liña dende PlayStation 4, achega descontos na PlayStation Store, inclúe 10 GB de almacenamento na nube, complétase cun programa de promocións e, como prato forte, inclúe cada mes 6 xogos (2 para PS4, 2 para PS3 e 2 para PS Vita) e, como incentivo para facerse cunha subscrición de 12 meses, ponse á venda en unidades limitadas a tarxeta co código de subscrición nunha caixa en formato steelbook que presenta a aparencia externa da primeira consola PlayStation, de xeito que convértese en toda unha peza de colección para os nostálxicos, homenaxeando o que para moitos foi a primeira consola de videoxogos doméstica.
A caixa metálica coa subscrición de 12 a PlayStation Plus pode atoparse en numerosas tendas de toda España, aínda que prevese que duren pouco nos estantes, especialmente porque os usuarios no teñen que agardar á caducidade da subscrición actual para ampliala en 12 meses, polo que os subscritores actuais poden anticipar a súa adquisición para facerse coa caixa especial, á vez que tamén se espera que algún anímese a contratar PlayStation Plus, que este mes achega xogos como Resident Evil e Transformers: Devastation, títulos que garantes horas de diversión para os usuarios de PS4.

PUBLICIDADE