As vendas de películas en Blu-ray non se consolidan

martes, 23 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Que as películas en formato Blu-ray non están a calar é algo que non se lle escapa a ninguén, pero o que sorprende é que no último gráfico elaborado por Nielsen VideoScan presenta un descenso semanal dun 13,39% nas súas vendas, de xeito que este soporte quedaría só co 8% do mercado (o resto continúa a ser feudo do DVD), pese a que fora capaz de derrotar ao HD DVD.
Segundo parece, as vendas de películas en Blu-ray só melloran cando chegan certas estreas con moitos efectos especiais e para un público mozo (dando a impresión de que os usuarios da PS3 son os únicos que apoian este formato de vídeo), aínda que non falta quen sostén que o vídeo en alta definición vai chegar coma descarga a través da Internet e non en soportes físicos.

PUBLICIDADE