Asphalt 7 Heat leva a velocidade a Windows Phone 8

mércores, 27 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Nas últimas semanas a tenda de aplicacións de Windows Phone está a incorporar novidades a un ritmo sen precedentes, disparándose o número de aplicacións dispoñibles e destacando moitas de grande calidade, entre os que tamén figuran xogos de moda, como Asphalt 7 Heat, xa dispoñible para iOS e Android (superando o millón de descargas nesta última plataforma), que agora desembarca na plataforma móbil de Microsoft como un xogo baixo o selo Xbox, que incluso conta cun modo multixogador en liña.
Asphalt 7 Heat para Windows Phone está á venda por 0,99 euros, permite pórse ao volante de 60 coches distintos en 15 circuítos de varias cidades, 6 modos de xogo con 15 ligas e 150 carreiras diferentes. O xogo de carreiras de coches de Gameloft tamén conta con modo cooperativo ou cara a cara, mensaxería de texto dentro do xogo e incluso chat de voz, polo que moitos verano como un xeito de achegar a experiencia de xogo propia das consolas domésticas a dispositivos móbiles.

PUBLICIDADE