Assassin’s Creed III terá 4 misións exclusivas para PS3

martes, 23 de outubro do 2012 Marcus Fernández

A pouco máis dunha semana para o lanzamento europeo de Assassin’s Creed III para Xbox 360 e PlayStation 3 (xogo que en novembro contará tamén con versión para PC) desvelan que os usuarios da consola doméstica de Sony van poder gozar de 4 misións exclusivas que comezan cunha petición especial do xeneral Washington (dobrado por Luís Tosar na súa versión en español) para pór ao descuberto un suposto complot para tomar West Point, o que levará a Connor, o protagonista deste xogo, a traballar de incógnito para Benedict Arnold, culminando nun asalto total sobre West Point que haberá que deter.
Estes contidos exclusivos para PS3 teñen unha duración aproximada de 1 hora e central o último trailer do xogo que publicouse nas últimas horas:

PUBLICIDADE