Assassin’s Creed Rogue chegará ao PC a primeiros de 2015

luns, 13 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Ubisoft quere despedir ben a saga americana de Assassin’s Creed, que completarase o vindeiro 13 de novembro con Assassin’s Creed Rogue, xogo que chegará inicialmente para Xbox 360 e PlayStation 3, deixando fóra as consolas de nova xeración (que estrearán o mesmo día o agardado Assassin’s Creed Unity, que leva a acción á Revolución Francesa), aínda que sen marxinar ao PC, plataforma á que chegará a primeiros de 2015 segundo anunciaron á vez que estrean o trailer da historia do xogo no que amosan como Shay Patrick Cormac converteuse en Templario, para converterse en todo un cazador de Assassins.
Parece bastante razoable que Assassin’s Creed Rogue non chegue a ordenadores persoais o mesmo día da súa estrea para consolas, xa que en tal data tamén se estreará Assassin’s Creed Unity para PC, e lanzar dous xogos da saga para unha mesma plataforma no mesmo día podería afectar claramente ás vendas.
No xogo, Shay non só fará uso das típicas habilidades dun mestre Assassin, senón que tamén utilizará un rifle de aire en combates de curto e longo alcance, eliminará ou confundirá aos seus inimigos empregando distintos tipos de munición (incluíndo balas e granadas especiais) e tamén contará cunha vista de aguia mellorada, para poder detectar aos Assassins ocultos.


Novo trailer de Assassin’s Creed Rogue

PUBLICIDADE