Asus amosa o seu primeiro móbil con Windows Phone 7 Mango

mércores, 1 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Anticipándose á chegada dos móbiles con Windows Phone 7 Mango ás tendas, durante o Computex puido botarse unha ollada ao Acer W4, un novo terminal que funcionará con tal sistema operativo móbil, e do que xa sabemos parte das súas especificacións técnicas: contará cunha pantalla táctil capacitiva de 3,6 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, ata 8 Gb de almacenamento interno, procesador Qualcomm MSM8255 a 1 GHz, cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático, conectividade Wi-Fi N e Bluetooth 2.1 e soporte de DLNA.
Estamos así ante un dispositivo que non destaca especialmente, pois presenta unhas características propias da meirande parte dos terminais Android de alta gama, polo que o que falta agora é saber o seu prezo para ver se o novo móbil resultará atractivo para os consumidores.

PUBLICIDADE