Asus desvela o seu novo reprodutor multimedia O!Play HD2

mércores, 3 de marzo do 2010 Marcus Fernández

O CeBIT está a presentar poucas novidades significativas na súa última edición, pero unha das compañías que quixo ter unha presenza forte foi Asustek, que entre outros produtos levou o Asus O!Play HD2, que resultaba algo misterioso por parecer unha renovación do reprodutor O!Play Air cun novo deseño e non terse escoitado nada sobre o mesmo, pero finalmente a súa compañía desvelou que a grande novidade deste reprodutor multimedia de alta definición e conectividade Ethernet e Wi-Fi N é que, aparte de soportar a conexión de discos duros eSATA, tamén soportará o estándar USB 3.0, converténdose no primeiro dispositivo desta categoría en facer tal.
Deste xeito temos que o Asus O!Play HD2 é un reprodutor multimedia de alta definición con soporte da meirande parte dos formatos de vídeo que circulan pola Rede (dende DivX ata MKV) ata en alta definición accesibles a través de discos duros externos (USB e/ou eSATA), tarxetas de memoria ou rede (tanto de cable coma sen fíos), converténdose nunha sólida solución para tirar proveito dos televisores de alta definición.

PUBLICIDADE