Asus mestura elegancia e calidade de imaxe nos seus novos monitores

xoves, 28 de abril do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro mes Asus vai comezar a vender en España os novos monitores Asus Designo ML, que chegarán en tamaños de 21,5, 23 e 24 polgadas, con paneis IPS que garanten unha excelente calidade de imaxe, un deseño xeométrico ultrafino rematado cunha peana formada por 2 aneis que facilitan os axustes de posición e un acabado negro piano con controis táctiles.
Estes monitores teñen unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, un ángulo de visión de 178 graos, unha relación de contrates de 50.000.000:1 e uns prezos de 253 e 268 euros para os modelos de 23 e 24 polgadas respectivamente.

PUBLICIDADE