Asus non dá por mortos aos netbooks
mércores, 28 de decembro do 2011
O éxito dos tablets e a emerxencia dos ultrabooks parecÃan
anunciar a morte dos netbooks ou ultraportátiles de baixo custo, pero fabricantes
deste tipo de dispositivos non parecen darse por vencidos, e asà temos agora o Asus Eee PC 1225B, un
equipo que chega cunha pantalla LED de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366
x 768 pÃxeles, procesador de dobre núcleo AMD Fusion APU E450 a 1,65 GHz ou C60
a 1 GHz, gráfica AMD Radeon HD 6320/3290, 2/4 Gb de RAM, 320/500/750 Gb de
disco duro, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, webcam, lector de tarxetas de memoria, 1
porto USB 2.0, 2 portos USB 3.0, Ethernet, conectores VGA e HDMI, baterÃa de 6
celas que achégalle unha autonomÃa de ata 7 horas e un peso de 1,44 quilogramos,
ou sexa, un ordenador cunhas prestacións máis que aceptables, pero conservando
as vantaxes dun formato compacto.
Estes equipos funcionan con Windows 7 Home Premium, as súas gráficas soportan
DirectX 11, poden reproducir contidos en alta definición (e amosalo ata a
1.080p a través de HDMI sen latencia) e incluso teñen unha pantalla un pouco
maior que as habituais nos ultraportátiles (que tenden ás 10,2 polgadas). Tamén
comercialÃzanse en 2 cores brillantes (branco e negro) e 3 cores mate
(vermello, gris ou prata).