Asus presenta uns mandos para PC semellantes aos da Wii

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

Asus ten unha chea de dispositivos pensados para ampliar as capacidades do seu equipo Eee PC coma sintonizadores de TDT, gravadoras de DVD externas ou modems 3G externos, pero a cousa non parece que vaia quedar aí, e agora coñecemos a existencia do Eee Stick, que serían un par de controladores de xogo sensibles ao movemento moi semellantes aos mandos da Nintendo Wii.
Supomos que este accesorio estaría pensado para funcionar en calquera ordenador persoal, e podería levar a experiencia de xogo da Wii aos PC por 70 dólares (prezo ao que agardan vender o dispositivo).
O Eee Stick estaría composto por dous mandos cunha aparencia moi semellante aos Nunchuck da Wii, incluíndo un dos mesmos un joystick e o outro 4 botóns de disparo.
Funcionan con pilas AA que lle dan unha autonomía de 70 horas e transmiten o sinal ao ordenador mediante radiofrecuencia, de xeito que é preciso conectar ao PC un receptor USB de reducido tamaño.
O funcionamento deste sistema de control de xogo parece sinxelo, segundo se pode ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE