Até 8.000 domicilios e negocios de Vilagarcía están conectados á súa rede FTTH

martes, 9 de agosto do 2022 S. P.

A operadora R fixo balance da súa presenza en Vilagarcía, con motivo das celebracións do verán e, máis polo miúdo, da Festa da Auga. Segundo informou, a localidae arousá xa conta coa rede de fibra óptica máis punteira do mercado, o que se traduce en servizos avanzados de fibra e tarifas de móbil con GB illimitados. En Vilagarcía, a operadora puxo a disposición de fogares e empresas a que seŕia, nas súas palabras, “a maior rede de fibra óptica do mercado con conexió simétrica”. A cobertura de R achégase aos 8.000 domicilios e negocios conectados á súa rede FTHH (fibra até o fogar), “que serán moitos máis cando as nosas tarefas de mellora conclúan”, explican dende a compañía de fibra.
Estas son algunhas vantaxes que achega a operadora en Vilagarcía:
- Até 10Gb simétricos.
- Cobertura Wi-Fi de máxima seguridade e calidade (o Wi-Fi 6 de R ofrece, segundo informa a operadora, 4 veces máis cobertura a través das súas 16 antenas e unha gran seguridade mediante os seus protocolos innovadores).


PUBLICIDADE