Auricular Bluetooth con panel solar

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A tenda de Brando, sorprendendo como vén sendo habitual, inclúe no seu catálogo un auricular Bluetooth que pode cargarse con enerxía solar ou a través de USB, resultando así moi práctico para o seu uso durante viaxes, xa que chega con colocalo baixo a luz do sol para ter enerxía dabondo para o seu funcionamento.
O auricular soporta Bluetooth 2.1 + EDR e A2DP, pode emparellarse con 2 dispositivos simultaneamente, ten unha autonomía de 5 horas (en conversa ou escoitando música), mide 54,5 x 17 x 11,3 milímetros, pesa 13,1 gramos e o seu prezo de venda é de 66,90 dólares (45 euros).

PUBLICIDADE