Auriculares con alarma de Thanko

xoves, 3 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Os xaponeses de Thanko continúan a estrear produtos orixinais, coma uns novos auriculares que incorporan reloxo con alarma e que responden ao nome de EARINALM. Están pensado para a xente que gusta de pór música para durmir, de xeito que así poderán espertar á hora programa pese a ter os auriculares postos. O trebello tamén serve para consultar a hora e incorpora funcións de calendario e cronómetro.
Aínda que a mestura de prestacións pareza un tanto ridícula, ten unha utilidade moi clara: poder durmir escoitando música ao viaxar no tren camiño para ir ou volver do traballo, evitando o problema de saltar a parada de destino por perder a noción do tempo.
O dispositivo mide 19 x 67 x 10 milímetros, pesa 21 gramos, cárgase por USB en menos de 4 horas conseguindo unha autonomía aproximada de 1 mes e o seu prezo de venda é de 2.980 iens (25,93 euros).

O EARINALM permite espetar á nosa hora se quedamos durmidos escoitando música

PUBLICIDADE