Axóuxere Games convídanos a protexer a Terra dos meteoritos en Planetary Shield

venres, 17 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O estudo galego de videoxogos Axóuxere Games, encabezado polo creativo Adrián Rodríguez e o desenvolvedor Antonio Gundín, estreou hoxe o seu terceiro xogo para dispositivos co sistema operativo Android, Planetary Shield, no que debemos protexer o planeta Terra dunha vaga de meteoritos que ameaza con destruír o planeta, para o que hai que lanzarlles bolas de enerxía mediante un mecanismo semellante a un tirapedras. A súa mecánica de xogo é sinxela e consiste conseguir a maior puntuación posible evitando que os meteoritos batan contra o planeta.
O xogo é compatible tanto con smartphones coma con tablets, e está dispoñible de balde con textos en galego, español e inglés, seguindo a liña que xa trazaran os anteriores xogos deste estudo: Trap Ball e Shuriken Training.

Imaxes do xogo Planetary Shield para Android


Trailer do último xogo de Axóuxere Games

PUBLICIDADE