Azpiri recompila nun libro as súas portadas de videoxogos

mércores, 16 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A finais dos anos 80 os videoxogos españois viviran un grandioso momento con compañías coma Dinamic, Topo e Opera que desenvolvían títulos para os ordenadores de 8 bits da época (Spectrum, Amstrad CPC, MSX e Commodore), e que en moitos casos tiñan un elemento común: as súas cubertas estaban debuxadas maioritariamente Alfonso Azpiri.
Agora, máis de 20 anos despois da idade de outro do software español, Planeta de Agostini Cómics publica un libro titulado Spectrum, El Arte para videojuegos de Azpiri no que recolle as ilustracións de xogos coma Army Moves, Phantis, Nonamed, West Bank, La Colmena, Abu Simbel Profanation ou La Colmena, e mesmo de títulos baseados en comics do propio Azpiri (coma Mot e Lorna), o que agradará aos nostálxicos desta época e que poderán adquirir o volume de 128 páxinas a toda cor por 14,95 euros.

PUBLICIDADE