BIC pon á venda bolígrafos que poden facer de punteiros en pantallas táctiles

luns, 12 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Coa chegada das pantallas táctiles capacitivas, que permiten a interacción con tablets e móbiles empregando os nosos dedos, tamén xurdiron accesorios con forma de stylus que buscan a precisión e un manexo máis propio de punteiros sobre pantallas resistivas (evitando tamén deixando as nosas pegadas na pantalla), pero que, ao non vir integrados nos propios dispositivos táctiles, convértense nun elemento máis co que cargar, o que resultará máis práctico agora que BIC pon á venda os seus bolígrafos Cristal STYLUS, que no seu extremo posterior incorporan unha goma que pode detectarse por pantallas táctiles, de xeito que cumpre coa función de bolígrafo e punteiro nun único dispositivo.
Este orixinal bolígrafo 2 en 1 está xa dispoñible no catálogo español de BIC, ofrecéndose coa tradicional punta media que serve para facer trazos en tinta negra dende a súa punta de 1 milímetro de grosor e que véndese dende mediados de xullo en blisters de 1 unidade (que podemos atopar por 2,80 euros) ou caixas de 12 unidades (en Reino Unido, onde púxose hoxe mesmo o produto á venda, tamén está dispoñible en blisters de 3 unidades).

O dobre uso dos bolígrafos BIC Cristal resulta moi práctico

PUBLICIDADE