Barbie inspira un novo portátil de Samsung

xoves, 10 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O éxito da primeira edición especial dun portátil de Samsung cun deseño inspirado na Barbie de Mattel levou á compañía surcoreana a repetir a fórmula co Samsung X180 Barbie Special Edition 2, que chega cunha carcasa branca adornada cun debuxo da Barbie do xefe de deseño Robert Best.
Este equipo sae á venda por 960.000 wons (617,73 euros) e incorpora un procesador Intel Core i3 330UM con chip GeForce 310M, disco duro de 500 Gb, pantalla LED de 11,6 polgadas cunha resolución e 1.366 x 768 píxeles, gráfica Intel GMA HD de 3 Gb, Bluetooth 3.0, Wi-Fi, unha batería de 8.850 mAh que achega unha autonomía de ata 8,2 horas e un peso de 1,61 quilos.

O Samsung X180 está decorado cun deseño de Robert Best

PUBLICIDADE