Barrio Sésamo terá un xogo para Xbox 360 e Kinect
martes, 15 de febreiro do 2011
Double Fine,
estudo liderado por Tim Schafer, e coñecido por xogos coma o violento Brütal Legend
e o novo e orixinal Stacking,
sorpréndenos ao anunciar que o
seu novo proxecto será Sesame Street:
Once Upon A Monster, ou sexa, un xogo baseado no programa de televisión
coñecido en España coma Barrio Sésamo,
que será exclusivo para Xbox 360 e terá soporte para Kinect.
Este novo xogo será unha especie de conto interactivo no que poderemos manexar
a Elmo e a Triqui (o monstro das galletas), e polo momento só temos unhas
poucas imaxes deste tÃtulo en desenvolvemento do que non se coñece nin a data
de lanzamento nin se chegará coma produto en soporte fÃsico ou coma descarga
dixital.
- Elmo e Triqui serán os protagonistas do conto interactivo para Xbox 360 desenvolvido por Double Fine