Estación de carga iHome iB969

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A acumulación de trebellos electrónicos coma móbiles, reprodutores multimedia e eReaders no fogar convértese en todo un problema á hora da súa recarga, pois normalmente veñen con cadanseu cargador, pero no mercado existen solucións para facilitar o proceso de recarga, coma o iHome iB969, que é unha estación de carga que integra un soporte para o iPad e que serve para recargar distintos dispositivos a través de portos coma os de Apple así coma por USB, mini USB e micro USB ou mesmo a toma corrente do Sony Reader.
Esta base de carga inclúe dous portos de Apple (un que permite a sincronización cun ordenador e outro que só permite a carga de dispositivos) e conexións USB para cargar multitude de dispositivos grazas a adaptadores a mini USB e micro USB, así como á mencionada conexión de carga do Sony Reader. O seu fabricante tamén asegura que é compatible co iPhone e o seu prezo de venda nos EE.UU. é de 129 dólares (99,74 euros).

PUBLICIDADE