Base para o iPod con altofalantes e unha pantalla de 7 polgadas

martes, 22 de abril do 2008 Marcus Fernández

Nas tendas de electrónica de consumo pode sorprender ver a enorme oferta de altofalantes preparados para o seu funcionamento con reprodutores multimedia de Apple, pero aínda sorprende máis que este tipo de trebellos non só permitan escoitar a música almacenada nos iPod, senón que tamén permita ver os seus vídeos nunha pantalla de 7 polgadas como é no caso do Goodmans iPod Dock.
Esta base para o iPod permite cargar o reprodutor, achega un son envolvente de grande calidade, integra un lector de tarxetas de memoria (SD/MMC/MS), ten mando a distancia, permite ver vídeos e fotografías e se vende por 89,99 libras esterlinas (112,38 euros).

PUBLICIDADE