Batman: Arkham City estrea versión para OS X
venres, 14 de decembro do 2012
Tras un impresionante éxito de público e crÃtica en
distintas plataformas (Xbox 360, PlayStation 3, PC e recentemente Wii U) o xogo
Batman: Arkham City chega finalmente aos
ordenadores de Apple, premiándose esta espera co feito de que este
tÃtulo á venda na Mac App Store por 35,99 euros corresponde á súa edición Xogo do Ano, ou sexa, con todos os
contidos descargables que saÃron nos meses posteriores aos lanzamento das
versións de consola, polo que non haberá que facer un pagamento adicional, como
o episodio adicional titulado A Vinganza
de Harley Quinn (historia independente situada un par de semana despois dos
eventos acontecidos durante o xogo) e os paquetes que permite xogar empregando
a Nitghtwing, Robin e Catwoman.
Para poder gozar deste extraordinario xogo é preciso contar cun ordenador que
como mÃnimo teña un procesador a 2 GHz, 4 Gb de RAM, gráfica con 256 Mb de
memoria e 16 Gb de disco libres. Advirten de que as gráficas das series ATI
X1xxx, ATI HD2xxx, nVIDIA 9400, nVIDIA 7xxx, nVIDIA 8xxx, nVIDIA 320M, Intel
HD3000 e Intel GMA non son compatibles con este xogo.
- Ao estarmos ante a edición Xogo do Ano de Batman: Arkham City, tamén poderemos gozar da historia de vinganza de Harley Quinn sen ter que realizar ningún pagamento adicional